Videoxogos: en galego
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
Alá por 1993 xa había tamén crise económica cun 20% de paro: non se trata dun invento de agora. Xa sei que a prensa só fala de que é a crise máis aguda dende 1929, pero hai que ver o fráxil da memoria que nos impide ver outras crises como a crise da postguerra (que no Estado Español durou ata a década dos 50 e senón preguntade aos vosos avós), a do petroleo nos 70, a de 1993 ou a das punto.com no novo século (terra ese gran maná de Telefónica!).
Pois nese contexto os meus pais aceptaron a petición dos seus (inconscientes) fillos e mercaron por reis unha consola ou como lle denominaban: unha maquinita. Por non entrar en detalles persoais, digamos que houbo que escoller unha dentro do que había no mercado e no que destacaban sobre todo dúas: Mega Drive de Sega e Supernintendo. A Supernintendo xa a probara na casa duns primos e sempre me pareceu unha boa consola (nunca fun un deses fanáticos prosega que parece que a consola lle saíra gratis ou tivera accións... como agora pasa cos soniers e os equisboxers), pero decidímonos pola outra. Por qué? pois porque a película de Super Mario dos 80 causou moito dano, pero moito (tardaría máis dunha década en atoparlle o carisma a ese fontanero bigotudo) e porque ao fin e o cabo o meu irmán maior dicía que a Sega era mellor, para que enganarnos.
Trátase neste blog de lembrar aqueles xogos cos que principalmente me entretiven durante varios anos, xa hai máis de tres lustros (que maior ando, arre demo!). Non agardedes nada técnico nin análises sesudos; eu sonche básico.
Tamén debedes ter en conta que só vou falar daqueles xogos aos que xoguei, salvo algunha excepción que poida haber, pero entón pode que sexa por interese social e non por análise.
Procurarei facer unha entrada á semana, pero se alguén se anima pode colaborar (cando averigue como facer que outros poidan escribir e ter privilexios no blog).
En canto ao primeiro análise, será o pack de acción de Mega Drive que saíu alá polo 93 ou 94... a primeira consola que tiven en casa, aínda que xa antes xogara con outras.
Ala, saúde meus!
PD: en galego? si, por que? porque é de meu
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
ALEX KIDD IN THE ENCHANTED CASTLE
AYRTON SENNA'S SUPER MONACO GP II
CASTLEVANIA: THE NEW GENERATION
DRAGON BALL Z L’APPEL DU DESTIN
INTERNATIONAL SUPERSTAR SOCCER DELUXE
LETHAL ENFORCERS II: GUN FIGHTERS
SHINOBI III: RETURN OF THE NINJA MASTER
SUPER STREET FIGHTER II: THE NEW CHALLENGERS
THE ADVENTURES OF BATMAN & ROBIN