Videoxogos: en galego
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
Alá por 1993 xa había tamén crise económica cun 20% de paro: non se trata dun invento de agora. Xa sei que a prensa só fala de que é a crise máis aguda dende 1929, pero hai que ver o fráxil da memoria que nos impide ver outras crises como a crise da postguerra (que no Estado Español durou ata a década dos 50 e senón preguntade aos vosos avós), a do petroleo nos 70, a de 1993 ou a das punto.com no novo século (terra ese gran maná de Telefónica!).
Pois nese contexto os meus pais aceptaron a petición dos seus (inconscientes) fillos e mercaron por reis unha consola ou como lle denominaban: unha maquinita. Por non entrar en detalles persoais, digamos que houbo que escoller unha dentro do que había no mercado e no que destacaban sobre todo dúas: Mega Drive de Sega e Supernintendo. A Supernintendo xa a probara na casa duns primos e sempre me pareceu unha boa consola (nunca fun un deses fanáticos prosega que parece que a consola lle saíra gratis ou tivera accións... como agora pasa cos soniers e os equisboxers), pero decidímonos pola outra. Por qué? pois porque a película de Super Mario dos 80 causou moito dano, pero moito (tardaría máis dunha década en atoparlle o carisma a ese fontanero bigotudo) e porque ao fin e o cabo o meu irmán maior dicía que a Sega era mellor, para que enganarnos.
Total que se foi mercar e había dous packs: o de street fighter II ou o de acción co pack Megagames II (había un terceiro, o de deportes ou Megagames I, que cando fomos non o había). A elección era fácil para nós: xa probaramos o Street Fighter na Snes e tampouco nos entusiasmaba demasiado e o outro pack tiña máis xogos (é que antes mediamos máis pola cantidade que pola calidade, así eramos os nenos).
E todo este rollo macabeo para qué? pois para poder dicir que custara, se non me equivoco, unhas 30.000 pesetas aproximadamente; para a xeración do euro informarei que son uns 180 euros. Pois acabo de tomarme a molestia de calcular canto sería iso hoxe e resulta que serían 290,47 euros tomando os datos do IPC publicados polo INE; é dicir unha play 3 e máis cara que unha xbox de 250 GB). Xa que estamos tamén me tomei a molestia de calcular o prezo actual dun xogo, que os lanzamentos estrellas rondaban as 10.000 pelas (aínda que é verdade que había algúns de 7.000, pero tamén outros de 12.000) e xa vos podedes rir: hoxe serían 96 euros (os de 12.000 serían 115 euros); así que Sony ten excusa para subir todavía máis o prezo dos seus xogos, que só rozan os 70 (pero xa está con ganas de subilos máis).
A consola traís catro xogos: Sonic e un cartucho que traía a Machada Dourada (Golden Axe), As Rúas da Rabia (Street of Rage) e A venganza do Shinobi (Revenge of Shinobi).
Do Sonic pouco hai que dicir que non se dixera, así que brevemente direi unha poucas cousas: eramos familia numerosa e polo tanto ao Sonic só se xogaba na intimidade, porque o normal era xogar a un de dous xogadores dos que traía o pack. É un xogo que me gustou moito na súa época e o que todavía de vez en cando me gusta lembrar, pero o certo é que era un xogo curto, moi curto e salvo algunha fase en particular era fácilón.
Respecto aos outros xogos:
-Golden Axe: xogo de maporros a todo o que se menea ambientado nun contexto medieval fantástico, con tres persoaxes: o enano Gillius Thunderhead, o bárbaro Ax Battler e a amazona Tyris Flare. Tratouse dunha conversión da recreativa de Sega do mesmo nome e aínda que hai pequenos cambios debido a capacidade da Mega Drive, o certo é que basicamente é o mesmo xogo.
A historia do xogo é ben sinxela: Death Adder arrasa co reino de Yuria e faille a puñeta ás familias dos protagonistas (que non teñen nada en común entre si salvo a sede de venganza co malo pola morte de familiares), ademais de que rapta á princesa é o rei e rouba a Machda Dourada. Así que xa se sabe, hai que matar ao malo. Cada personaxe ten unhas características diferenciada: o enano é o que ten máis resistencia e forza, pero ten menor maxia (a do raio e só ten 3 niveis) e velocidade; o bárbaro, tipo conan, é un personaxe equilibrado e a súa maxia é a terra (5 niveis); a amazona con menor poder físico pero maior máxico co seu lume (7 niveis e no máis forte é coma a invocación dun dragón) e con máis rapidez (por certo a miña favorita).
O sistema de xogo non é complicado pois só hai tres botóns a usar: maxia, ataque e salto, se ben se apretas ataque e salto á vez fas un ataque especial; asemade se das dúas veces para adiante podes correr e se das a botón de ataque farás un golpe de acometida. Partindo disto, o que hai que facer é atacar aos malos que se presenten ata os xefes finais aínda que non os hai en todas as fases. Un aspecto salientable do xogo é a posibilidade de poder usar certos animais (dragóns) como monturas, con habilidades distinas según o tipo de montura.
Gráficamente o xogo sempre me pareceu algo pobre; non hai moito volvín a xogalo e reafírmome na idea, aínda que hai que ter en conta á época na que saiu, 1989, onde todavía a NES e Master System dominaban o mercado e estaban a anos luz deses gráficos A nivel de son, pois tamén é discreto.
A pesar diso, Sempre foi un xogo que me gustou, tanto porque era un xogo que se deixaba xogar e podías xogar con outra persoa (aínda que podía golpearte), incluso traía un modo de un contra un: o duelo, que non estaba na recreativa. Non era o único modo extra con respecto á recreativa, xa que había un modo beginner ou principiante bastante fácil (e só os tres primeiros niveis) para que te fixeras á idea do xogo.
En conclusión, un bó xogo co que botei moitas tardes cos meus irmáns.
Valoración: 7
-Street of Rage: outro xogo de mamporros, pero esta vez ambientada nunha cidade moderna. Segue habendo tres persoaxes principais: Axel, Blaze e Adam, un rubiais, unha muller e un home negro. A historia sinxela, tres novos policías deciden desafíar a corrupción que ten instaurada na cidade Míster X.
O sistema de xogo é idéntico ao Golden Axe, con tres botóns: o de ataque especial (como unha chamada a un coche policía que lanzaba un ataque con bazoka que barría o escenario), o ataque sinxelo e o salto. Tamén podías correr e agarras aos inimigos para lanzalos polo aire. As diferencias eran que aparecían máis obxectos que podías usar (coitelos, bates de beisbol, etc), a comida recuperadora aparecía con máis frecuencia polo escenario, o ataque especial era un por nivel (e non acumulable como no Golden Axe), ademais da estética.
Os personaxes tiñan tamén diferencias entre si, pero as diferencias eran en razón de salto, forza e velocidade. Adam era moi lento, pero tiña un bo salto e era equilibrado; Axel o máis forte, velocidade media pero mal salto; Blaze moi rápida, bo salto, pero débil.
Gráficamente e tecnicamente tampouco era nada do outro mundo pero como o Golden Axe cumplía, aínmda que foi ampliamente superado pola súa segunda parte (que superaba a este xogo en todo), pero a nivel xogable era similar ao Golden Axe: sinxelo pero divertido, con un gran número de inimigos por fase e máis longo que aquel. Era levadeiro en certas fases sobre todo en dobles (porque era como máis se disfrutaba deste xogo), se ben a última era un tortura en especial se ías só, xa que te enfrentabas a todos os inimigos finais.
Un detalle que me gustou moito do xogo é que podías optar entre un final bó e un final malo : para isto tiñas que matar ao teu compañeiro na última pantalla; aínda queo final malo só era unha moeda co teu persoaxe sentado no trono de Mister X.
Un bó xogo como o Golden Axe, pero que nota en exceso o paso dos anos, en especial se o comparamos coa segunda arte (ou coa terceira).
Valoración: 6,5
-The Revenge os Shinobi: o terceiro dos xogos e o mellor dos tres na miña opinión. O único malo que tiña era que era só para un xogador, co cal había que turnarse, incluso por niveis. A historia, como non é sinxela e é que existe unha organización criminal moi mala denominada Zeed e o noso protagonista, J. Musashi conseguiu eliminala no primeiro Shinobi (o das recreativas... o cal xoguei un par de veces no bar da parroquia de pequeno pero nunca acanbai, claro), pero dos seus restos naceu Neo Zeed que rapta á moza do protagonista e mata aos seus amiguetes, de ahí o de vinganza do título. Tampouco é que sexa orixinal e é que se tardaría todavía uns anos en contratar a guionistas (se non me trabuco comezou co Zelda Ocarina of time).
O xogo é de scroll lateral e mezcla plataformas con acción, de tal xeito que ademais de saltar e esquivar cousas, tamén debes matar inimigos e esquivalos a eles. Non semprese ten que avanzar hacia adiante, senón que en certas fases será avanzar hacia arriba primeiro e despois hacia abaixo... neste sentido hai unha boa variedade de fases. O xogo permite normalmente un mínimo de dous niveis de actuación para poder esquivar aos inimigos.
En canto ao manexo hai tres botóns: maxia, ataque e salto, pero que da moito de si. e que se explicarán de xeito máis miúdo.
Respecto ás maxias hai catro tipo, tres ofensivas e unha que modifica o teu salto. Respecto ás ofensivas á máis curiosa é a inmolación que sacrificas unha vida no xogo pero arrambla con todo (realmente non me parece útil). A maxia do salto permite saltar o doble temporalmente e é indispensable en certas fases, en especial na fase do porto, que sen ela non podes pasar da primeira pantalla, e aínda así con ela hai unha alta probabilidade de morrer no intento (foi a fase que máis me frustou do xogo, para que negalo).
No tocante ao salto, este pode ser sinxelo, cara adiante, cara atrás e doble salto pulsando de novo o botón cando estás no punto máis alto do primeiro salto. Non é doado conseguilo sempre e nalgún intento perderás vidas, xa que este salto é indispensable para superar certos obstáculos con caída en vacío.
E sobre o ataque, pois o normal é lanzar shurikens a distancia; o malo é que os shurikens son limitados e tes que recollerlos nas caixas, pero non é que sobren moitos, polo que non malgaste a munición. Se non tes shurikens ou estás preto do inimigo lanza un ataque curto ou cunha patada se estás agachado ou cun kunai (coitelo) se estás de pé. Existe un ataque múltiple de shurikens que podes facer se das doble salto e pulsas ataque, que é útil contra certos inimigos pero gastas oito shurikens de golpe.
En canto ás fases, salvo a primeira (e aínda así o inimigo final tampouco é moi fácil de primeiras) son difíciles en xeral: é un dos xogos máis difíciles da Mega Drive con diferencia. Das fases destacarei algunhas: a) a primeira, que transcorre nun xapón tradicional; b) a das cataratas que é a primeira fase comevidas do xogo, en especial nunha salto que hai que dar cos troncos; c) a da autopista: outra fase comevidas cos puñeteros coches que hai que esquivar; d) a porto, que no seu primeiro salto frustoume moitas partidas; d) a última coas súas portas que viran. Como curiosidade dicir que nunha fase sale unha especie de spiderman e foi posto de forma consciente para promocionar o xogo que despois sacarían do mesmo.
A nivel gráfico destaca sobre os outros xogos do pack de forma evidente, es especial polo deseño artístico tanto do personaxe como dos escenarios. Neste sentidoos xefes finais (e non só eles) están moi coidados e ben integrados.
En conclusión, un grandioso xogo, dos mellores que hai e que a día de hoxe segue sendo tan difícil como antes, en especial ese puñetero salto no cal volvín fracasar recientemente. Neste xogo o paso do tempo parece que todavía non fixo mella.
Valoración: 8
En canto á valoración que lle podo dar ao pack é alta, xa que deu e da para moitas horas de xogo e comparando con por exemplo o Megagames I (Colums, Super Hang-on e Mundial 1990) son xogos de moita máis calidade e diversión, salvo en certa parte o columns pero iso sería discutíbel. Como podedes ver, non hai moito que volvín a xogar a estes xogos así como outros da miña infancia; dinme conta de que moitas veces a memoria lembra como mellores cousas do pasado en especial da túa infancia e que agora te podes levar unha decepción (no meu caso por poñer un exemplo de Mega Drive o Soleil), pero este pack aínda resiste ben o paso do tempo, en especial o Shinobi.
Pois con este artigo dou por iniciado este blog e a ver canto aganto.
PD: para o seguinte estou dubidando se facelo dos xogos caseiros que hai para o Homebrew Channel da Wii ou do Fire Emblem. Xa veremos.
Un saúdo
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
ALEX KIDD IN THE ENCHANTED CASTLE
AYRTON SENNA'S SUPER MONACO GP II
CASTLEVANIA: THE NEW GENERATION
DRAGON BALL Z L’APPEL DU DESTIN
INTERNATIONAL SUPERSTAR SOCCER DELUXE
LETHAL ENFORCERS II: GUN FIGHTERS
SHINOBI III: RETURN OF THE NINJA MASTER
SUPER STREET FIGHTER II: THE NEW CHALLENGERS
THE ADVENTURES OF BATMAN & ROBIN

6 Comentarios:
oh
26 de Agosto de 2010 • 20:45 — shuiomixmex290,47290,47290,47A OSTIA,
27 de Agosto de 2010 • 00:06 — tidus 7290,47
290,47
290,47
A OSTIA, que caro! E 97€ un videoxogo dos baratos, arredemo como andaba-la política económica...
P.D. Paréceme curioso que, sendo case da mesma zona sinta eu tantísimas diferencias entre o teu galego e o meu. Nótase que a min ensinóumolo a miña avoa
@Shui
Sí, es un idioma minoritario en España (y por culpa de ciertos ineptos en el gobierno también en galicia...) mas si lo dominas se entiende muy bien, aunque comprendo que si no lo controlas pueda costarte entenderlo bastante, es como para mí el valenciano o el vasco... aunque es un idioma muy parecido al portugués, además de que tengo comprobado que los brasileños entienden mejor el gallego que el español
Creo que sería mas
27 de Agosto de 2010 • 12:11 — cuervasCreo que sería mas productivo tu entrada si la escribieras en español, ya que Gamefilia es una comunidad internacionalde gente hispanohablante. Pero vamos es un consejo eh, sin acritud.
Creo que sería mas
27 de Agosto de 2010 • 12:11 — cuervasCreo que sería mas productivo tu entrada si la escribieras en español, ya que Gamefilia es una comunidad internacional de gente hispanohablante. Pero vamos es un consejo eh, sin acritud.
Primero Cuervas: no me
27 de Agosto de 2010 • 14:19 — prosomiloPrimero Cuervas: no me parece mal tu comentario, pero parto de que tampoco es que vaya a hacer un blog de seguimiento internacional y tampoco me importan mucho que se lea mucho o poco. Lo hago en gallego porque al fin y al cabo es la lengua que uso y me expreso. Veré si puedo hacer algo para a quien le interese lo pueda traducir de forma comprensible.
Respecto ao galego empregado, efectivamente é un galego normativo e non a variedade morrasense: é que poñer gheadas e seseos ou incribi en vez de incríbel sería pouco raro. De todos xeitos a verdade é que dos anos que botei fora fun collendo outras cousas doutros sitios e así agora teño a variante de rematar os verbos en iu en vez de eu (por exemplo morriu). Se é polo estilo, é que escribindo cada un ten as súas manías. Saúdos
Será iso, posto que eu
27 de Agosto de 2010 • 15:29 — tidus 7Será iso, posto que eu emprego a variedade do morrazo con algúns detalles da área coruñesa (amigos galegos de esa zona que veñen veranear eiquí e claro, todo se pega xDDD )
O da túa seguinte entrada é unha boa idea, mais deberías enlaza-la páxina ós bloques laterais para que todo o mundo poida saber a forma de entender as entredas, non sei se me explico