Videoxogos: en galego
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven

Avanzando vou cos Sonic, aínda que nas dúas últimas semanas ben pouco avancei, pero si o suficiente para rematar de novo o Sonic 3 e o Sonic & Knucles... aínda que ditos xogos se poden xogar por separado, realmente forman un conxunto polo que o fixen unido... para poder xogar con Knucles dende o inicio.
En canto á mecánica dos xogos seguen cunha evolución que considero boa dende o primeiro Sonic, pero non obstante o desenrolo da mecánica en certas fases e os bonus fan que para min sexa máis interesante o Sonic 2 a calquera dos Sonic dos que estou falando.
Agora xa se pode xogar con Tails ou Knucles (se tes o Sonic & Knucles) e non só con Sonic, pero ademais inclúense novos movementos especiais para cada un destes personaxes.... e tamén para Sonic para compensalo un pouco. As vantaxas de Sonic veñen sobre todo polo uso de técnicas cos escudos que pode ter (agora de varios tipos distintos con distintas habilidades: o escudo normal que che permite rebotar, o de lume que permite a Sonic covertirse nunha bola de lume, o eléctrico que permite atraer aneis e realizar un salto aumentado), pero a sensación é que se o teu obxectivo é simplemente compretar o xogo tanto Tails como Knucles ofrecen máis ventaxas: un permite voar (cun límite de tempo) o que facilita avanzar doadamente en certos puntos do xogo, e o outro permite planear e gabear polas paredes. É verdade que aparentemente son algo máis lentos que Sonic, pero iso non incide na experiencia dun só xogador posto que apenas o notarás. Realmente quedeime coa sensación de que Sega devorou ao seu propio fillo ao ofrecernos personaxes con máis ventaxas, pero é só unha impresión persoal.
En canto ás mecánicas dos saltos non atoparás diferencias cos anteriores Sonic e a física é moi similar (comento isto porque xa probei o Sonic 4 e dinme conta que a física é diferente, moi diferente) de tal xeito que non costa adaptarse se bes dun dos Sonic anteriores. E a física de salto é similar con calquera dos tres personaxes.
Os xogos, se ben en canto a número de fases máis ou menos son as de sempre, son bastante longos, pois a realidade é que os escenarios son xigantescos e con múltiples variedades. Así que tiven a sensación de que o xogo é longo, máis tendo en conta á unión con Sonic 3 & Knucles e que terá unha duración bastante considerable para ser un xogo de plataformas (e en especial na época).
Non me gustaron os bonus con esa bola esférica 3D que se vai acelerando... non me gustou e prefiero calquera bonus dos anteriores Sonic, en especial os de Sonic 2. Por certo, conseguín o Supersonic, pero non o Hypersonic (quedeime en 9 esmeraldas). Tampouco me gustou o xefe final... creo que se pervirte en algo o concepto de Sonic (non se salta...), pero igual son pijadas miñas.
Técnicamente me pareceron os mellores Sonic do que levo de momento, pero iso é normal, forma parte da evolución do xogo.
En fin, por non extenderme moito máis, ambos son bós xogos, unidos mellor todavía, pero persoalmente sígome quedando co Sonic 2 por algúns detalles, pero recoñezo que obxectivamente igual non é así. De todos xeitos sigo reafirmándome na idea de que Sonic non lle ten nada que envexar a Mario (salvo a duración... aínda que a unión de Sonic 3 e Sonic & Knucles nin iso) e incluso me gusta máis en moitos aspectos.
PD: que fea a portada de Sonic 3 versión USA!
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
ALEX KIDD IN THE ENCHANTED CASTLE
AYRTON SENNA'S SUPER MONACO GP II
CASTLEVANIA: THE NEW GENERATION
DRAGON BALL Z L’APPEL DU DESTIN
INTERNATIONAL SUPERSTAR SOCCER DELUXE
LETHAL ENFORCERS II: GUN FIGHTERS
SHINOBI III: RETURN OF THE NINJA MASTER
SUPER STREET FIGHTER II: THE NEW CHALLENGERS
THE ADVENTURES OF BATMAN & ROBIN

2 Comentarios:
Ya veo que estás con la
22 de Noviembre de 2010 • 15:01 — robotnik16Ya veo que estás con la saga Sonic... Como ya dije, mi favorito es el primero pero reconozco que cada uno de los juegos aporta cosas novedosas interensantes. Respecto a Sonic 3 (el Knuckles no lo he jugado en condiciones), me parece de agradecer la inclusión de batería para grabar partidas, el personaje de Knuckles, así como los nuevos ítemes y tamaño de fases, y por contra de lo que opinan muchos, no me parece que sea el que mejores gráficos tiene (en mi opinión, ese honor cae en Sonic 2 y Sonic 3D); la jugabilidad, fantástica, como siempre. Del Knuckles me gusta sobre todo la nueva temática de mundos, algunos nunca vistos antes. Si hubieran salido los dos juegos bajo el mismo nombre (o sea, en un sólo juego) estaríamos hablando sin duda del mejor Sonic creado jamás. Otra vez será.
*Podías haber comentado algo sobre las bandas sonoras...
Saludos.
Ya sabía yo que se me
22 de Noviembre de 2010 • 21:06 — prosomiloYa sabía yo que se me olvidaba algo... y eso que tenía pensado comentar lo de Michael Jackson y como renegó de este juego (más bien de las limitaciones de sonido de la Megadrive)...
De momento voy por el Sonic 2 de Master System y el puñetero ala delta... ya he probado el Sonic 4 y la verdad es que después de probarlo me he quedado con la duda de si pillarlo... o pasar e ir a por el Colors