2 de Septiembre de 2014
Dic
20

Rexogando a Sonic: Master System: Sonic 1, Sonic 2 e Sonic Chaos

Xa levo rexogados estes Sonic e agora vou polos de Master System... e atopei diferenzas coas de Megadrive, tanto en concepto como en física do xogo.

O Sonic 1 de Master System o lembraba como un gran xogo e creo que o segue sendo, pero atopeille máis defectos dos que agardaba. É un Sonic distinto ao de Megadrive, non impera tanto a velocidade e os camiños a escoller... é máis pausado e ata máis variado nos tipos de fases, deixándome moi bó sabor de boca esa fervenza na que hai que subir e subir.

Como norma xeral non hai camiños opcionais nas fases, sendo todo bastante guiado, pero moi ben levado; é de momento o único Sonic que non permite escoller o camiño a seguir e ata certo punto hai fases que me lembran as de Mario. Outra diferenza cos Sonic das 16 bit é que as esmeraldas non se conseguen nos bonus (os bonus serven para conseguir vidas, continues ou puntos) senón que están espalladas polos escenarios, algunha agochada pero polo xeral fácil de atopar. Ademáis tamén ten diferenzas en que o último acto de cada fase e só o enfrentamento con Robotnik, sen aneis e sen facer prácticamente nada salvo un par de saltos para chegar onda robotnik. Pero a principal diferenza, xa o dixen, é o concepto das fases e a física do xogo: máis pausado e máis plataforma, pero cun Sonic máis liviano, ao que lle costa frear e sobre todo calibrar os saltos... e con zapatillas marróns.

Defectos ten o xogo, como que hai poucos inimigos nas fases e que parpadea máis do debido en fases onde hai varios inimigos, ademais de ser algo doado, pero creo que é un moi bó xogo e dignifica ao ourizo azul. Ademáisé algo curto.

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

O sonic 2 mellorou en todo ao Sonic nos aspectos técnicos (pero curiosamente eu creo que non en carisma): fases máis longas, as esmeraldas mellor agochadas, máis difícil, varios camiños a escoller, mellores gráficos e menos parpadeos da pantalla, varios vehículos a empregar... Xa é un Sonic máis cercano ao concepto de Megadrive, pero segue o esquema do Sonic 1 de Master System: a física é moi similar (por certo Sonic recupera os zapatos vermellos), sendo moi liviano Sonic (e as veces respondendo algo mal... quizais por iso ten máis carisma o primeiro), o terceiro acto de cada fase é só a loita contra o inimigo final (non sempre é robotnik), pero xa é máis rápido, máis Sonic. 

Por certo que a mín me pareceu como o máis escuro da saga de master system... pero gráficamente mellora en moito á primeira parte. Curioso é o dos vehículos, que son imprescindibeis para certas cousas e fases, pero sobre todo é curioso a Ala Delta... e a fastidiada esmeralda desa fase... quita de quicio a un (e iso que aínda lembraba onde estaba).

A conclusión é a de que é un bó xogo, pero tanto vehículo non me gustou tanto.

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

E respecto ao Sonic Chaos, pois creo que é case unha expansión do Sonic 2: gráficamente similar e o sistema de xogo e de fases tamén. As únicas diferenzas que atopei co Sonic 2 é que non hai ala Delta, os bonus para conseguir as esmeraldas e que manexas a Tails se queres.

Aquí as esmeraldas xa non están agochadas, senón que se conseguen nos bonus... o fastiadado do xogo é que para acceder a o mesmo tes que conseguir 100 aneis e o fas automáticamente finalizando a fase nese intre, co cal un pérdese varias fases e poden facer algo curto ao xogo. Por outra parte os bonus son variados e están ben, sendo algún bastante doado pero outros (o último) bastante difícil. Técnicamente creo que non cabe dúbida de que é o mellor, pero moi parexo ao 2. Outra cousa que non me gustou foi que hai moit anel nas fases, case a patadas.

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

Se non fose por ese detalle de finalizar a fase para ir ao bonus eu diría que é o mellor Sonic da Master System, pero creo que as tres partes están bastante ben, sendo a máis diferente a primeira en canto ao concepto.

 

0

2 Comentarios:

Yo los jugue todos muy de

Yo los jugue todos muy de reojo y ninguno me gusto. No se, perdian mucho el encanto de los Sonic de Megadrive en todo. Realmente no puedo hablar mucho de estos juegos, porque en ninguno me pase siquiera la primera fase, los jugue en uno de los recopilatorios que hubo para la anterior generacion y no habre pasado ni 5 minutos con los 3 juntos.

Saludos y gran entrada.

En mi época con la Master

En mi época con la Master System II me dejaron el Sonic "1", y lo poco que recuerdo es que era un buen juego, un poco oscuro (no en colores -que también- sino en su filosofía...) pero un buen juego.

Saludos.