23 de Julio de 2014
Oct
18

Homebrew Wii II: emuladores

Categorías: 
 
 
Xa falei de algúns xogos caseiros dispoñibeis para oHomebrew Channel da Wii e que despois ampliei con algún máis. Agora quero falar dos emuladores dispoñibeis para dito Homebrew Channel e quedará para unha posterior entrada outras aplicacións interesantes (Wiimc, Wiixplorer, etc). Pero centrándome nos emuladores hai que indicar que hai unha barbaridade de emuladores dispoñibeis e que se queredes ver todos podedeis á seguinte páxina: http://wiibrew.org/wiki/List_of_homebrew_emulators.Non teño pensado falar de todos eles, senón dos que eu considero máis interesantes dentro da miña subxectividade; por resumir, non falarei de todos, só dos que me pete. A mairíados emuladores que direi son totalmente funcionais e corren dentro da Wii dun xeito bastante aceptábel, aínda que haberá excepcións. Non vou explicar tampouco onde vai cada unha das cousas na SD pero se alguén tendúbidas que pregunte (por exemplo onde colocar os trucos). En fin que comezo:

NINTENDO

-FCE ULTRA GX/ Emulador da NES: é un port do FCEU que Tantric trae para a Wii cunha gran interface, que aproveita as posibilidades do punteiro da Wii e que presenta distintas opcións de configuración. Así para comezar permite regular o video, o son e outros aspectos, pero creo que é máis interesante indicar que acepta todos os mandos da Wii en calquera combinación: só wiimote, wiimote máis nunchuk,mando clásico ou de Gamecube e detectando automáticamente cal estás usando, incluso se cambias o tipo de mando (por exemplo de wiimote a wiimote e nunchuk) e cunha configuración estándar optimizada, aínda que se estás disconforme semprepodes cambiala. Ademais permite cargar as roms tanto dende unha tarxetaSD ou SDHC, como a través dos portos USB (na actualidade usa o IOS 58 para acceder a USB pero en distintas versións anteriores usaba o 202), dende un disco ou incluso a través de SMB (ou samba que resumidamente permite cargar as roms que teñas no teu PC). Respecto a compatibilidade aínda non tiven problemas con ningunha rom e pódese dicir que funciona perfectamente e ademais os formatos de romsque acepta son os de iNes, FDS, VS, UNIF, NSF e incluso Zip e 7z (aíndaque estes dous últimos formatos non os comprobei). Tamén acepta trucos (extensión en .cht) e soporta de xeito automáticos os parches tipo IPS/UPS. Por outra banda permite xogar ata catro xogadores. Obviamente permite gardar partidas e pantallas (states). Aínda que non permite cargar carátulas, existe un mod non oficial que si o permite (e se buscades por diversos foros o por google atoparédelo sen problemas).
  
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.


-SNES9xGX/ Emulador deSUPERNES: é un port de SNES9x que tamén trae Tantric (normalmente os emuladores de Tantric de NES, SUPERNES e GBA saen á vez e son similares). Practicamente todo o referido a opcións, mandos, carga vía SD, SDHC, DVD, USB, SMB Zip e 7z, trucos e parcheadores é o mesmo que o dito para FCE ULTRA GX. Realmente a diferenza está en que é emulador de supernintendo e non de nes. Tamén funciona perfectamente con todas as roms que probei. Como no FCEU GX hai unha versión non oficial con carátulas que podedes descargar dende o proprio wiibrew.org (ao final doemulador se inclúen as versións non oficiais.
 
 
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.
 
-VISUAL BOY ADVANCE GX/ Emulador de GAME BOY ADVANCE/GAME BOY COLOR/GAME BOY: baseado no VBA-M Rev. 927 Tantric completa así os seus emuladores de Nintendo coas portátiles, que permite todas as variantes de Game Boy. Aínda que para a Game Boy hai algún otro emulador, este é o máis completo. Funciona practicamente perfecto e con total compatibilidade e remítome a todo o dito para o FCEU GX en todo ao común nos emuladores deTantric para a Wii.
http://code.google.com/p/vba-wii/
 
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

-WII64/ Emulador de NINTENDO 64: baseado no Mupen64 está portado para a Wii polo equipo de Wii64 Team (tephola, emu_kidid e sepp256). Todavía está en fase beta 1.1 (versión Honey) se ben este equipo non saca revisións cada poucotempo, pero cando o fai nótase un grande avance e esta beta é bastante completa. Comezando pola súa interfaz tamén aproveita o mando de Wii e ten un interfaz agradábel e sinxela e non terás moito problemas en configurar como queiras o emulador se ben o único que debes ter en contaque é na opción de current rom onde podes gardar a partida e os snapshots. En canto as súas características hai que dicir que todavía non van todos os xogos e nalgún dos que vai ás veces se colga e outros van lentos... pero dito isto a maioría van bastante ben ou de xeito aceptábel; se unha rom non vos vai en dynarec (que é onde van mellor os xogos) probade a usar Pure Interpreter, porque perderá algo de velocidade pero hai máis posibilidades de compatibilidade. Ademais acepta xogos que usen a expansion Pak e ten soporte para roms de 512 Mbit, permite configurar a pantalla e incluso a vibración. Admite as roms en SD, DVD ou USB aínda que a versión oficialnon ten soporte de USB 2.0 pero hai versións non oficiais que si o teñen co CIOS 202 ou IOS 58. Por outra parte, admite todas as combinacións dos mandos posibeis e incluso configurar o mando ao teu gusto... e si os Zeldas van ben, incluso os parcheados.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.
 

-DESMUME WII/ Emulador de NINTENDO DS: baseado no desmume 0.95 (e están intentando reescribilo para adaptarse ao 0.96) é case un empeño iniciadopor Arikado, aínda que tamén están Dancinninja, Scanff, baby.lueshi e firnis. A versión r. 200 xa admite GX e nótase unha mellora gráfica bastante con esta opción. Polo demais carece dun menú con interfaz (só apantalla negra coa opción de gráficos GX e a carga da rom) se ben parece que cando rematen a tarea de adecualo a desmume 0.96 introduciránun. En canto á emulación todavía ten que mellorar, se ben moitos xogos son xogábels, aínda que o normal é que vaian algo lento, pero aceptábel (pero varía segundo o xogo); hai roms quenon irán, xa aviso e os que son de idioma multi irán en inglés por defecto. Podes cargar as roms dende SD ou USB e non permite gardar os states (ou eu non sei como se fai). Para xogar correcamente necesitas mando clásico (para os botóns da DS) co wiimote (para emular o punteiro). É posíbel que non acaben por ir todas as roms, pero os progresos deste emulador fanme ser optimista.
 
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.
 
SEGA

-SMSPLUS/Emulador de MASTER SYSTEM/GAME GEAR: a versión de Wii tráena Eke-eke que se basea no de Gamecube baseado a súa vez no de Charles Mcdonald. Admite a carga de roms dende a SD ou dende un DVD+R, se ben necesitas ter DVDX na Wii (nas últimas versións do Hackmii Installer xa non se inclúen) e xa hai unha versión non oficial GX que admite dende USB. Permite configurar o video (permitindo 480p e uso de filtros) e son entre outros aspectos. Un aspecto negativo é que os menús non admiten o uso de punteiro esó por pad. Permite cargar roms tanto de Gamegear como de Master System(xa saberás que en verdade incluso na realidade a Game Gear permitía cargar xogos de Master System cun adaptador) e funcionan perfectamente as roms, incluso dende zip, salvo a de Sonic 2 que me da code dump. Permite gardar estados de partidas, acepta todos os mandos e admite gamegenie.
 
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

-GENESIS PLUS/ Emulador de MEGADRIVE: tamén o trae Eke-eke dun port do de Mcdonald. A versión oficial é como a SMSPLUS, se ben a versión GX (oficialmente non publicada se ben compilada en base asfontes) ademais de permitir cargar por USB ten unha interface nova que permite utilizar o punteiro do wiimote. Permite ata catro xogadores e incluso permite os xogos de chip FX como Virtua Racing. Tamén soporta Game Genie (se ben na GX non me van) e todo tipo de mando, ademais das configuracións de video e demais. As roms por outra banda van de xeito perfecto. Aspecto negativo é que nonpermite cargar nin roms de 32X nin de Mega CD e a súa incorporación noné prioritaria.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.


-YABAUSE WII/ Emulador de SATURN: baseado no emulador Yabause (que non é o que máis compatibilidade presenta) todavíaestá nunha beta bastante verde: os xogos que van (moitos non van) normalmente van dun xeito lento, aínda que algunha excepción hai; é recomendábel usar Bios porque senón é moi raro que vaia o xogo; en fin que non vos fagades moitas ilusións de momento que non vai moi ben este emulador. As roms teñen que ir en formato bin/cue ou Img na SD, SDHC ou USB. Permite gravar e cargar states. En canto a mandos admite o de gamecube, clásico ou wiimote.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.


SONY

WIISX/Emulador de PLAYSTATION: baseados principalmente no emulador de PCSX é outro emulador traído por Wii64 Team e que normalmente se publican as novas versións despois das novas versións do de Wii64. Está na versión beta 2.1 epracticamente o menú é igual que o de Wii64 e incluso se pode dicir queen canto a compatibilidade está na mesma situación (aínda que creo que está un pouco peor, en xeral está bastante aceptábel). Novedades nos menús con respecto ao de Wii64 está a opción de cargar Bios (se tes biosNtsc e bios pal detectará automáticamente segundo sexa o xogo) que é altamente recomendábel pois sen Bios normalmente os xogos irán mal e pouco máis pois sigue permitindo cargar por SD ou USB (hai versión modificada con CIOS 202 e IOS 58), acepta wiimote, nunchuk, mando clásico e de game cube, permite configurar o mapeado dos botóns, etc. Conclusión: é un emulador bastante aceptábel. Unha cousa a ter en conta éque aínda non coñezo ningún forwader compatíbel con este emulador.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.


SNK

GXGEO/Emulador de Neo Geo: baseado no GnGeo é un port traído por Bizzo eque se quedou na versión 0.5... non ten interfaz (é dicir só a pantallanegra para escoller xogo) e só admite cargar xogos da SD. Admite todo tipo de mandos, se ben é recomendábel o de gamecube. En canto ao funcionamento dos xogos pódese dicir que van bastante ben (por certo é necesario Bios, se ben acepta a Uni-Bios en vez da Bios de cada rexión),se ben os xogos de máis de 24 megas non funcionarán.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.


NEOPOP/ Emulador de Neo Geo Pocquet: baseado no Neopop SDL é traballo deEke-eke e Askot. Ten os mesmos menús que o de SMSPLUS. Permite cargar xogos de SD ou DVD. Tampouco vale a pena explicar máis que esta consola pasou con máis pena que gloria.

MAME

SDLMAME/Emulador de MAME (recreativas): baseado no SDLMame project. Funciona relativamente ben nun bó número de roms, aínda que hai todavía algún defecto. Ten unha interfaz algo complicada ao inicio e non aproveita o punteiro da Wii. As cargas das roms pequenas van ben, pero se é algo grande parece (aínda non me pasou) que pode tardar algo (din que ata unha hora ¿?). A mellor opción para xogar é o mando de gamecube pero o wiimote tamén o acepta (non sei se o clásico... parecerá raro pero aínda non se me deu po probalo). En xeral pódese dicir que é un emulador bastante aceptábel.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.


OUTROS

Hai máis pero como nos os probei se tal quedan para outra ocasión, en especial o ScummVM, HU-GO GX e Atari 2600. Un saúdo
5
Valoración media: 5 (2 votos)

2 Comentarios:

Comento para garda-la

Comento para garda-la páxina, que estou ata o pescozo de exames e non me da tempo a lelo LMAO

Pues si que pintan bien, sobre todo el VISUAL BOY ADVANCE GX, sin lugar a dudas el que más me interesa. 

Hace tiempo que disfruto del

Hace tiempo que disfruto del Homebrew Channel y sin ninguna duda es una patada al abusivo sistema de descarga de Nintendo. 

 

Actualice mi entrada, ahora hay un link megaupload para descargar la demo, saludos.