Videoxogos: en galego
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
Hai xogos que non contan con ningunha publicidade e que pasa desapercibido para moita xente, incluso para a propria prensa especializada, pero que resultan ser pequenas obras de arte. A primeira vez que me ocurriu foi cun xogo para a Megadrive chamado Mega-lo-manía, aínda que saíu para varias plataformas, orixinariamente para Amiga.
O xogo é de Sensible Software e é de 1991 pero para a Megadrive, que é versión á que xoguei, saíu un ano despois, distribuido por Virgin. Nas miñas mans caeu alá por 1994 cando mo deixara un amigo e cando o vin dixen: pero que carallo e isto (e perdón pola expresión). A súa portada era horríbel e nin sequera as imaxes da contraportada animaban moito.
Cando o puxen e vin as primeiras imaxes tampouco mellorou a miña expresión: que introdución máis fea e que catro persoaxes para seleccionar. Pero xogueino e despois de comprender e asimilar a mecánica do xogo descubrín que era un moi bó xogo.
Trátase dun xogo de estratexia en tempo real e ten como argumento unha loita de catro deuses, dos cales seleccionas un, para dominar o mundo. E así intentarás avanzar polas diversas idades da humanidade (dende a prehistoria ata un futuro tecnolóxico, pasando pola idade media, entre outras) para conquerir as 28 illas distrubuidas en 9 fases, máis unha illa especial que é a décima e última fase.
O esquema do xogo consiste en que tes un certo número de persoas por época: 100. E deberás decidir ao inicio cantas usas nesa época e cantas deixas para as seguintes, tendo especial relevancia as persoas que deixas para a fase final. Pero afortunadamente esas persoas que usas poden reproducirse a un bó ritmo, sempre que non as dediques a facer tarefas de exército, de materias primas ou de construcción. É dicir, terás que decidir un equilibrio das funcións ás que dedicas aos teus súbditos.
O obxectivo obviamente é conquistar todas as illas e para iso terás que usar a forza bruta, pero tamén a diplomacia, podendo facer alianzas con outros deuses, que poden rompela á súa conveniencia. Ao final tampouco é que diplomacia sexa decisiva, porque a máquina é un pouco falsa, pero pode axudar en certas fases.
Un aspecto que me gustou moito é que vas avanzando nas idades do home, de tal xeito que varía tanto a estética dos edificios como as armas a empregar, chegando a usar bombas nucleares, escudos antimisiles e ovnis... A dificultade está ben axustada se ben cando chega a época da bombas nucleares é un pouco aleatorio e aí e onde a diplomacia axuda mentres se matan entre eles.
A última fase é un pouco descafeinada e non podes crear nada nin facer armas. Só loitar e por iso ten moita importancia a xente que deixaches para esta fase (o fastidiado é que non chegan todos os que deixaches).
Estéticametne non é moi alá o xogo, pois só ves trozos das illas de xeito estático e se tal podes ver aos teus soldados por aí a medidas que fas edificios ou atacas. Non obstante, tendo en conta as limitacións da época cumple ben. Destacar que si que está ben representada cada idade na que transcorre o xogo. No aspecto de son tampouco destaca demasiado nos FX pero a melodía aínda é xeitosa.
En fin, que é un moi bó xogo de estratexia en tempo real tendo en conta os escasos xogos que había para a Megadrive deste tipo. Se ben técnicamente non é moi alá, como era habitual por Sensible Software, gañaba moito coa súa xogabilidade sinxela e efectiva.
O mellor:
-Sinxelo e divertido
-Avanzar pola historia
O peor:
-Apartado técnico
-Esa portada.
Nota: 7
PD: este xogo está catalogado hoxe en día como abandanoware.
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
ALEX KIDD IN THE ENCHANTED CASTLE
AYRTON SENNA'S SUPER MONACO GP II
CASTLEVANIA: THE NEW GENERATION
DRAGON BALL Z L’APPEL DU DESTIN
INTERNATIONAL SUPERSTAR SOCCER DELUXE
LETHAL ENFORCERS II: GUN FIGHTERS
SHINOBI III: RETURN OF THE NINJA MASTER
SUPER STREET FIGHTER II: THE NEW CHALLENGERS
THE ADVENTURES OF BATMAN & ROBIN

2 Comentarios:
Seguí tu recomendación de
15 de Noviembre de 2010 • 17:31 — robotnik16Es normal perderse algo al
15 de Noviembre de 2010 • 19:33 — prosomilo