25 de Mayo de 2013
Sep
13

Megadrive, Action RPG I: SOLEIL

 

De novo volvo á Megadrive. Neste caso para comentar tres xogos: Soleil, LightCrusader e Story of Thor... aínda que, iso si, por capítulos. Houbounha época onde os RPG, nas súas distintas versións, non chegaban ás consolas europeas (distinta era a situación cos xogos de rol europeos) eos poucos que o facían era nas consolas de Nintendo. En Megadrive algúncomezou a chegar a partir de mediados dos noventa, pero na súa maioría en inglés. Pero os tres que indiquei arriba cambiaron as tornas e viñeron en castelán (xa me gustaría a min que algún xogo viñera hoxe en galego) o cal para min, tendo en conta o meu nivel de inglés, era un alivio. Así que eu analisarei ese tres xogos ditos arriba, comenzando polo SOLEIL.

O xogo chegou alá por 1994 co título de Soleil en Europa, Crusader of Centy nos Estados Unidos e Ragnacenty no Xapón. Trátase dun action rpg (como os outros dous) e foi o primeiro en abrir a lata dos xogos rpg traducidos ou localizados en Sega. Este xogo plantexouse como a alternativa de Sega a Zelda e o certo é que toma bastantes elementos deste, pero ten elementos diferenciadores proprios, polo que non entendoque sexa unha mera copia. 

En canto á historia persoalmente sempre me pareceu algo infantil, pero énormal tendo en conta para quen estaba pensado dito xogo: un público novo. Basicamente empeza na introducción dicindo que tras unha explosión, abreuse unha porta co mundo obscuro e os monstruos deixaron de temer á luz e comezaron a introducirse no mundo, e se ben non todos os monstruos eran malos, producíronse moitas loitas cos humáns que non os diferenciaban; neste contexto tomas o papel dun rapaz de 14 anos, Corona, ao que lle dan no día do seu aniversario a espada do seu difuntopai e que ten que ir ao campo de entrenamento de Rafesa, xa que é tradición no reino entrenar como soldado a partir desa idade. Nestas quevai aparecen monstruos deses que comezaron a introducirse no mundo. Tras eses percances e tras contactar cunha meiga, producirase un feito que fai que teñas que recorrer o mundo para atopar a dita meiga: perdes afala humana... pero gañas a capacidade de falar con plantas e animais, que che prestarán axuda. Esta historia persoal ira entremezclando coa dos monstruos e incluso deberás ir ao pasado nunha parte do xogo para solucionar os problemas existentes cos monstruos. Polo xeral a historia élineal e tes que ir a onde che manden, se ben o normal é que poidas volver sobre os teus pasos para recuperar obxectos que deixaches atrás.
Gráficamente a visión é superior e é bastante sinxelo, se ben os persoaxes están ben definidos e son sprites os suficientemente grandes.... pero os escenarios polo xeral non me acaban de convencer e son algo reiterativos e sosos ás veces. Os persoaxes tampouco é que teñan unha gran animación, salvo o protagonista. Aparte disto, hai elementos a destacar como o movemento da auga e da lava ou o cambio de color do escenario do bosque, así como unha boa variedade de inimigos con grandes xefes finais. Ademais existe un mapa xeral, cando saes dos poblados ou escenarios de acción, que cumple bastante ben.

En canto ao son, tendo en conta as limitacións da época a BSO cumple e incluso algunha melodia está bastante ben. Os FX pola contra son bastantes sinxelos e incluso se pode dicir que mellorables.

En canto á xogabilidade, lembremos que é un action rpg. Iso quere dicir que os combates non son por turnos, senón en tempo real e cunha mecánicasimilar a un Beat´m up: pulsas o botón de ataque repetidamente e podes usar unha especie de ataque especial e combinalos con saltos. Pero non só hai que matar inimigos (o cal salvo os inimigos finais son moi sinxelos), senón avanzar nas mazmorras e como se indicou bebe do Zelda, polo que haberá que superar distintos puzles de maior ou menor complexidade. Tanto en moitos puzles como nos ataques especiais teñen especial relevancia os animais que vaias recrutando (non todos os animais os consigues seguindo a historia, pois algún está oculto; en tota hai 15). Cada animal dacha unha habilidade especial (extra de forza, de rapidez, paralizar inimigos, etc), que ademais podes combinar unindo a dous animais contigo (nunca podes levar máis de dous animais á vez contigo e non todos os animais producen un efecto conxunto). É dicir, os animais veñen a ser o que serían as maxias noutros xogos e algún é indispensable para poder avanzar na historia.
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.
A dificultade do xogo non é alta, salvo un par de puzles (eu atasqueime cando tes a adiviñanza das sombras) e da para unhas sete ou oito horas, segundo ás presas que lle botes. Non hai experiencia, pero si como no Zelda unhas mazás que che dan máis vida e a posibilidade de obter algunha espada mellor. 

Como curiosidade dicir, que hai un cameo de Sonic (simplemente aparece econ comentarios algo chulitos) e que hai un minixogo de conducción ondetes que vencer ao leopardo e podes mellorar os teus tempos.
Entre Soleil e os outros dous mencionados, persoalmente creo que os outros son superiores en case todo a este e realmente gustáronme máis. Xa sei que moitos non compartirán a opinión, pero a min este xogo non mequedou grabado como unha obra mestra, simplemente un bó xogo. 

Se lle tivera que dar unha nota quedaría nun 7.


 

3.333335
Valoración media: 3.3 (3 votos)

3 Comentarios:

Soleil es el único de los

Soleil es el único de los tres juegos que nombras que no he jugado, pero según he oído y por algunos videos es uno de los grandes RPG's de Mega Drive. Yo tengo la impresión de que es un gran exponente de los juegos de rol en 16bit... Light Crusader y Story of Thor son la leche.

Pues ya sabes lo que hay que

Pues ya sabes lo que hay que hacer: jugarlo

Pues ya estoy en

Pues ya estoy en condiciones de poder opiniar porque me lo pasé hace unos días... Tengo que decirte que me ha parecido un juegazo, puede gustar más o menos pero lo que está claro es que los programadores cuidaron al máximo todos los detalles. La única pega que le saco es que le falta de "caña", es un juego tranquilo y es verdad que es facilillo, pero aun así, la aventura mola mucho...

Por cierto, a ver si reabres el blog, que echo el falta análisis de juegos de Mega hechos por otros... jeje.

Bye!!!