17 de Diciembre de 2017
Oct
5

Final Fantasy X: análise persoal

Vou falar do Final Fantasy X dende un punto de vista totalmente persoal, porque para análises serios xa hai varios polo mungo de Gamefilia e tampouco vou aportar demasiado en plan serio e todo iso... si que será un análise pero subxectivo. É un Final Fantasy que merquei na liña Platinum e despois de que moitos amigos meus xogaran a el... porque a verdade estando eu na Universidade pouco xogaba á Play2 (os meumotivos tiña), pero ao final acabeino xogando e pasándome despois a FinalFantay X-2 que abandonei no terceiro capítulo..... Aviso que pode conter destripes e que a todo fan acérrimo deste Final Fantasy pode quedar ferido na súa sensibilidade, aínda que ahi que dicir que é un bó xogo. Supoño que aqueles que comezaron a saga de Final Fantasy con este xogo lles parecerá unha obra mestra (supoño que Tidus7 serás un deles... é deducción polo nick), ao igual que a os que comezamos con Final Fantasy VII (o 99,99% dos europeos, entre os que me inclúo) ou os que comezaron con Final Fantasy VI na GBA. Non creo que ningún deles sexa o mellor, pero todo vai sobre gustos: a min son o IX eo XII (ala, serei herexe, como podo dicir o XII... si no seu primeiro 75% si que é o que máis me gusta). En fin imos alá.

Historia
 
 
 
A historia do Final Fantasy X sempre me pareceu un pouco frouxa, que queredes que vos diga. Xa o inicio con ese apocalipsis en Zanankarnd e despois pasar a 1000 anos ao futuro así sen saber por que durante gran parte do xogo; e cando descubres por que case que preferiría non sabelo... pero todo ao seu tempo. Despois como se conta o periplo de Yuna para destruir a Sinh (ese pecado encarnado nun castigo cíclico) pois vale, paréceme ben contado e incluso ten un romance incluido: o primeiro bico expresamenten representado na saga (vale xa me correxiron, é o segundo porque no FFIV na versión xaponesa si se bican), se ben a escena sempre me pareceu cursi a máis non dar. 
 

 
Todo o transfondo de ciencia vs relixión é interesante se ben como soe ser habitual nos Final Fantasy case nunca se entra en profundide ao respecto para explotar esa idea.... ou o mesmo ocurre como se manipulan as masas. É dicir, paréceme moito máis interesante o contexto social do xogo que a historia en si de Tidus e Yuna, que é aceptable ata a chegada a Zanankarnd pero que tampouco em quita o sono. Pero despois chegados a Zanankarnd comeza o descalabro argumentístico co tema da invocación suprema e a rebelión de Yuna e compañía. Case que me parece que só se trata de diversas ideas que se unen así unhas tras outra para poder xustificar ese viaxe de Tidus ao futuro: paréceme que con todo iso dos recordos e todo iso é moi similar ao final de Lost (e iso que son fan)... 
 
 
Persoaxes
 
 
 
Está claro que os persoaxes forman parte da historia e as súas peripecias van conformando esta. Como soe ser habitual en Final Fantasy de novo a medida que avance o xogo se vai contando a vida anterior dos distintos persoaxes, aparte dos protagonistas Tidus e Yuna, ás veces de xeito moi simple (Khumari), ás veces con maior carga argumental (Rikku), ás veces con relevancia para a historia en si (Auron)... en calquera caso quedará claro o porque cada un dos persoaxes está no grupo.

Resultoume curioso no xogo o rápido que se consiguen todos os persoaxes no xogo, non tardándose practicamente nada. Ademáis de novo decepcionoume que non houbera persoaxes secretos que sempre me pareceu moi interesante, aíndaque tampouco sexa fundamental.

Pero centrémonos no carisma dos persoaxes, que graza me fixeron sempre moitos comentarios do Final Fantasy XII cando din que eses persoaxes non tiñan carisma como os do X (en verdade hai que recoñecer que Valm e compañía de carisma van escasos salvo excepcións: viva Penelo, ese persoaxe incompredido). Vale que todo isto do carisma é subxectivo pero xa que estamos imos opinar:

-Tidus: é unha especie de Beckham (si, é unha estrela deportiva) é pódese dicir que me parece case similar: son guapetóns, abandonan a súa patria e van a outro sitio onde están un pouco inadaptados pero despois a base de esforzo (e deixando a súa chulería ao lado) conseguen ser respetados por algo máis que por se estrelas mediáticas. Dito isto, sempre me pareceu un pouco brando e totalmente obviable (cousa que facía nas batallas, salvo para fuxir) e despois está toda a súa historia polos complexos que ten co seu pai (totalmente complexos de Edipo) e o feito de demostrar que xa é un home... bla bla bla. E mira ti (para de ler se non xogaches que ven un destripe como unha casa): o único que me gustou del é que morre ao final (salvo que se estropeou no X-2, pero que se lle vai facer).

-Yuna: practicamente pódese dicir que é a protagonista do groso da historia, seben o feito de que a historia sexa narrada por Tidus e o inicio e desenlace da mesma fan que sexa Tidus o protagonista... pero non esquezamos que se trata da peregrinación de Yuna. É a típica protagonista boa persoa, tímida e responsable, entre outras grandes virtudes... é dicir, a filla perfecta, se ben ten complexos varios como unha especie de inferioridade para co seu pai. A min Yuna déixame así asá... ás veces me cae ben e outras me parece unha pesada sempre co seu carácter amábel... tan amábel que parece que lle falta o sangue. Supoño que máis ou menos fai ben o seu papel de invocadora que intenta seguir atradición da familia e todo iso.

-Kimahri: ao principio pareceume un persoaxe interesante, sempre sacrificándose por Yuna e cun carácter de sabio pouco falador... pero acabou sendo a grande decepción do xogo: na historia non aporta practicamente nada (salvo o problema de "pubertade" na súa raza Ronso) e realmente acabas esquecéndote del... incluso no combate, xa que é o único personaxe que nace en teoría equilibrado e despois decides cara onde o queres levar, pero sempre che quedará por detrás do especialista correspondente (se decides facelo mago negro sempre irá moi por detrás de Lulu, se decides facelo unha roca física Auron sempre será máis útil e así con todos...).

-Wakka: típico nos Final Fantasy, sempre hai un vividor e neste caso é Wakka, pero de xeito diferente a outros Final Fantasy (como no XII Balter ou no VI Edgar ou Hans Solo en Star Wars IV por poñer uns exemplos claros); fáltalle ese toque canalla que os fan tan entrañables e divertidos. Non Wakka é vividor pero nun bó sentido: é amábel, atento, traballador (responsábel non moito no inicio), é un fillo perfecto e por iso lle colles tirria salvo polo seu límite, que é o máis interesante de todos (e por iso o máis usado).

-Lulu: vale, contra Lulu non teño nada (salvo que é lenta); cáeme ben aínda que sexa seria, aínda que quizais é por iso. É a máis madura de todos xunto con Auron (a Kimahri imos a obvialo que total para o que corta e pincha no xogo). Quizáis a pega é que ten pouco peso na historia.

-Auron: outro que se salva da queima. É un pouco arquetípico si, pero é deses arquetipos que son interesantes para min. É forte, misterioso, sabe moito do tema da peregrinación e ata parece como un mestre falando aos seus alumnos... ademais de ser algo malhumorado. O mesmo que Lulu, apega é que é lento.

-Rikku: se non fose porque é a única ladroa do grupo nin a usaba... é como Wakka pero potenciado ao máximo: sempre positivo, nunca negativo. Por min podían borrala da historia... e o peor é que a recuperan para o Final Fantasy X-2.

-Seymour: é o malo de turno aínda que non é o xefe final. É todo un galán de modais exquisitos... un neno de papá por resumir. Semrpe me pareceu que intentaron facer outro Sephirot pero realmente quedouse a medio gas e como inimigo ten un carisma moi baixo e realmente sobra na historia salvo por un par de detalles.
 
 
 
-Sinh: o Mcguffin do xogo unha especie de besta que arrasa con todo é que rexurde cada dez anos. Dentro do que cabe cumpre co seu papel senón fose porque implica unha abstracción do inimigo final con respecto a outros Final Fantasy.

Spira
 
 
 
Sen entrar a valorar o tema técnico de momento, dicirque é o primeiro Final Fantasy que ten os escenarios en 3d, abandoando os prerrenderizados da época da PSX. Pero non vou falar dos gráficos, senón do mundo en si. Ese mundo dividido por unha brecha entre tecnoloxía e ciencia e cheo de fanáticos ten un bó contexto, pero hai claroescuros na súa execución.

O primeiro é que hai poucas Vilas e as que hai son pequeniños e un pouco inútiles, salvo Luca. Non sei, pero para min perdeuse parte da maxia de entrar nos poblados e investigalos: aquí non fas nada salvo ir ao templo, que non deixa de ser unha mazmorra máis, a tenda de armas e de obxectos. E non hai máis que facer neses sitios que perderon protagonismo.

O segundo é que se ben o tema de eliminar o mundo exterior (o mapamundi onde recorrías o planeta) pode ser algo polémico, non é algo que me preocupe, xa que máis ou menos as zonas de dito mapamundi están distruidos igualmente en Spira... ademais as zonas son o suficientemente grandes para que non botes de menos ir por un mapamundi que tampouco aportaba demasiado en ningún Final Fantasy, salvo un par de secretos. Pero o que si que non me gustou é que me parece un mundo pequeno, bastante pequeno en comparación co XII que segue o mesmo esquema. Lembra que a nave para desprazarse non é maís que un teletransportador.

Combates: sistema de loita
 
 
 
O sistema de combates foi algo intersante que atopei noxogo. É o sistema por turnos sen ter que agardar a que se encha a barrade tempo da batalla como nos anteriores Final Fantasy. Ao lado tes a distribuición de 12 turnos tal e como serán segundo a rapidez de cada persoaxe e a velocidade do inimigo, se ben pode haber alteracións segundo o ataque que fagas ou o dano recibido. Todo isto che permite un maior control táctico que non tes noutros Final Fantasy é que resultará vital para vencer a certos inimigos, sobre todo a Verdugo (xa falarei del despois). Ademais o feito de poder substituir a persoaxes  por outros no medio da batalla fai que poidas combinar o teu trío de ataque segundo as necesidades e os tipos de inimigos adaptándote a súa categoría. En conclusión neste sentido foi un grande acerto o sistema decombates por turnos.

En canto ás maxias pois todo máis ou menos igual, pero a medida que vai avanzando o xogo iraste centrando en usar máis ataques físicos e límites, grazas a posibilidade de superar a barreira dos 9.999 puntos dedano (podes chegar a 99.999 de dano), se ben isto é xa ben avanzado o xogo e sobre todo canto te enfrentes aos eons escuros e Verdugo.

As invocacións (chamadas eons) teñen un especial protagonismo na historia e gustoume a idea do seu uso nos combates, se ben ao final quedan un pouco imcompletos e acaban perdendo forza ata ser inútiles coseons escuros e Verdugo. O sistema é que unha vez o invoques (só pode Yuna) substuirán aos teus persoaxes e pelearás con el ata que morra ou oretires, sendo de novo substituido polos teus persoaxes... ademais tamén podes melloralos a través de esferas. A idea é boa, pero para min éincompleta porque me parecería máis interesante que en vez de substiuira todos só o fixera con Yuna, porque contras os inimigos moi fortes as invocacións só servirán para morrer. Por outra parte, non é que haxa moitas (e case que o prefiro así), son oito, tres delas secretas (tampouco moi difíciles de atopar).
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

Ademais están os límites (chamados summun) que se cargan por diferentes causas a medida que avances o xogo é que che permite contra os inimigos máis fortes se escolles a opción de furia cando golpeen aos teus aliados usar un límitecada pouco tempo... interesantes son os últimos límites de Wakka e de Tidus, o resto tampouco é que me solucionen moito nos inimigos finais (si durante o avance no xogo).

Sistema de evolución

Outro grande acerto do xogo o taboleiro das esferas para mellorar aos persoaxes e de momento o mellor dos sistemas do Final Fantasy con diferencia e que che permite certa flexibilidade en onde mellorar os teus persoaxes. Aquí só teño que alabar o traballo de Square.
 
 
 
Misións paralelas e minixogos

Ao final nos Final Fantasy sempre me dou conta de que durante gran partedo xogo vas por onde te indican ata que chegado un punto case no final do xogo tes liberdade para moverte por onde queiras e buscar cousas que che falta e facer misións extras... sempre me entusiasmou do Final Fantasy VII tres cousas: Golden Saucer, matar as Armas e criar chocobos (e por este orde).

Pois neste Final Fantasy tamén hai cousas que facer ao final (e xa de antes) é que son bastantes interesantes é que son ás veces indispensables para conseguir os límites últimos e armas celestiais. Imos ver as principais:
 
 
 
-Blitzball: é un deporte como balonmán acuático é que é moi entretido ao principio co tema de fichar e evolucionar, pero cando fas un equipo gañador vólvese monótono e longo e só xogarás con certo aburremento para conseguir certos obxectos que só podes conseguir aí.

-Zona de entrenamento: está na Terra Chá da Calma (toma como nacionalicei o nome) e é entretido iso de cazar monstruos para despois pelear contra un nacido deles que é moi forte é que che permite conseguir obxectos importantes. Aquí atoparás a un dos inimigos máis poderosos se consegues completar toda a caza de animais. O único pero é que cazar polo mundo adiante nas distintas zonas 10 exemplares de cada inimigo do xogo (tes que usar unha espada especial) faise pesado nalgún momento en especial cando a máquina dalle por non facer que apareza ese inimigo.

-As ruínas Omega: zona secreta onde podes loitar contra monstruos interesantes e contra Omega que sería un monstruo moi forte, pero que coa introdución dos eóns escuros non deixa de ser máis que un mero entrenamento.

-Eons escuros: só se introduciu na versión Europea e para compensar o retraso e o feito de arruinar a pantalla coas franxas negras. Salvo Valefor escuro e Ifrit escuro o resto son un verdadeiro reto matalos, en especial as irmáns Magus. Estamos falando de inimigos que ten o que menos 600.000 puntos de vida e 7.000.000 Ánima escura (as irmáns Magus son 3 e cada unha ten varios millóns e non sabía o truco de que podías pelexar de xeito individual con cada unha delas). E cada golpe deles ou che deixa tiritando ou te mata directamente... aquí si que é importante fixarse nos turnos.
  
-Verdugo Final: mira que deu traballo o condenado cun combate de case dúas horas que botei para matalo (houbo pausas)... sinto pero tiña que botar por fóra o feito de que matei. Aparece cando mates os eons escurose isto si que é un xefe final: 12.000.000 de puntos de vida e con tres turnos de ataque.
 
 

-A Terra Chá dos Raios: esquivar duascentas veces seguidas os raios é case unha odisea maior que o de Verdugo......

Gráficos e son

Gráficamente adopta as 3d, se a cámara non é libre. Os persoaxes ben modelados nótase a diferencia cos Final Fantasy da PSX. Inclúe por primeira vez ademais expresións faciais, aínda que algo rudimentarias seo comparamos co Final Fantasy XII (que tecnicamente é unha besta parda). As paixases están ben logradas con detalles, aínda que non en todas as zonas raia ao mesmo nivel. Como é habitual, nos combates os persoaxes gañan en nitidez e deseño. O pecado do xogo é a versión pal e esas franxas negras....

E respecto ao son, a BSO é espectacular cortesía de Nobuo Uematse, en especial ese To Zanankarnd que é do mellor que escoite en consola.
 
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

Conclusións

Aínda que lendo as miñas reflexións poida parecer que non me gustou ou que me decepcionou non é verdade, senón que me pareceu un bó xogo, pero con varios defectos e que creo algo sobrevalorado. Pero o sistema de loita é moi entretido e a historia déixase levar ben. É o paso do tempo lévao bastante ben.

O mellor

-Sistema de combate
-Taboleiro de esferas
-Música

O peor

-Moitos dos persoaxes
-Algo coñazo ás veces
-O seguinte video (grazas Tidus)


Valoración un 8

PD: Tidus7 estás tardando no teu análise.








5
Valoración media: 5 (3 votos)

5 Comentarios:

Antes de comezaren a falar

Antes de comezaren a falar do xogo, infórmote que a entrada tivo un problema de edición e que se che xuntaron as palabras. Eu non tiven problema pa le-la, pero alguén que empregue o traductor.... a saber que lle sairá de ahí.

Ben, xa está. Séntate que este vai ser un comentario mooooooi longo  LMAO

"Supoño que aqueles que comezaron a saga de Final Fantasy con este xogo lles parecerá unha obra mestra (supoño que Tidus7 serás un deles... é deducción polo nick)"

  

Así é  xD Aínda que para mín o mellor da saga é o VI, o cal xoguei fai un par de anos, este foi o primeiro e o segundo mellor no meu corazonciño Embarassed

SPOILER "o único que me gustou del é que morre ao final" ¿Tan mal te caio?  Crying or Very sad SPOILER

"o primeiro bico expresamenten representado na saga, se ben a escena sempre me pareceu cursi a máis non dar. "

Home, era o primeiro bico da saga, normal que non lles quedara de todo ben xD

Dacordo ó 100% en Seymour e Shin, poderíanos facer moitísimo mellor do que quedaron. E tamen no das vilas, podíannas aproveitar moito mellor do que están.

No blitz quedaba 12-0 ó remataren a primeira parte... imaxínate se me aburrín del ou non buscando ó "Campión mundial" de Waka  LMAO

 To zanarkand, The end will ends, Overworld.... temazos Cool

Eu non cheguei a matar a verdugo, aburrínme de subir ós personaxes tras matar a Ifrit e Shiva oscuras. Algún día debo retoma-lo xogo e ir a por Bahamut, Ánima e as irmás (Yojimbo xa está morto  Twisted Evil)

 "Tidus7 estás tardando no teu análise."

Levo máis de 6 meses facéndoo, ides flipar o día que o publique  LMAO

P.D. Esqueciches pór en "O peor" este video  Twisted Evil

 

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

Admítoo, é unha escena patética  LMAO

no entendi nada

Saludos y supongo que buena entrada.

 

Have fun & play hard.

Correxido o texto... non

Correxido o texto... non sei por que ás veces saen as palabras xuntas (no borrador que teño non o fai) e complementado o peor do xogo XD

Si que me alegrei con esa morte, non só porque morrera senón porque non é habitual nin en películas nin en xogos cargarse ao protagonista.

PD: con ansias agardo esa tese doctoral

Creo que eso del primer

Creo que eso del primer beso de la saga no es cierto.

http://www.meristation.com/v3/des_articulo.php?id=cw4304df44 8a90a&pic=GEN

En la sección ¿Sabias qué?

"cuando Cecil rescata a Rosa se besan, pero en EE UU se abrazan"

Pues no sabía que era la

Pues no sabía que era la versión censurada... vaya lo que más me impactó fue lo de pequeña perra XD, me parece increíble que dijeran eso en un videojuego de antaño FFIV.. rectificando