
Xa levo xogado aos dous primeiros Sonic de Megadrive neste maratón que
me vou meter de Sonic... en verdade xa levo algún máis como o Sonic 3 e
Sonic & Knucles, pero voulle dar outra volta con Knucles que fai
anos que non xogo co mesmo (e cando o xoguei non foi moito tempo pois
era un xogo que tiña de emprestado) e tamén finalicei o primeiro
Sonic de Master System. Pero centrareime de momento nos dous primeiros
Sonic de Megadrive e non vou facer un análise propiamente, porque destes
xogos hai moitos en gamefilia e moi bós, senón que comentarei
impresións.
O Sonic foi o primeiro xogo da Megadrive ao que
xoguei e dende entón quedoume marcado a lume ese looping con
cadrados marróns. Aínda que sempre me gustou o Sonic sempre me parecera
que o Supermario World, que tiña un primo meu, era superior: tiña
infinidade de fases e
permitía gardar as partidas. Agora que xa xoguei a ese Supermario World
de Snes (ademais doutros como o de Gameboy e o de NES... ademais do New
Super Mario Bros de Wii) estou rexogando a este Sonic xa con outros
ollos.

É de dicir que segue parecéndome moito máis longo o Super
Mario World e dicir o contrario sería mentir... pero xa non me parece
moito máis interesante se non fora por esa duración, que obviamente
supón un plus para un xogo e por iso se tivera que volver atrás e entre
un Sonic e un Mario World escollería este último, porque naquela época
como moito mercaba tres xogos ao ano e o Mario da para máis horas. Pero,
dito isto creo que en moitos aspectos é superior o Sonic.
Así, é
obvio que a velocidade en que se desenvolven as fases é increíblemente
superior o Sonic, sendo o Mario máis sosegado (aínda que iso non é
malo). Pero dinme conta que o tamaño das fases tamén son moito máis
grandes as do Sonic, coa
posibilidade ademais de poder escoller diversos camiños (tendo cada
camiño avantaxes e prexuízos), cousa que no Mario non acontecía (salvo
fases puntuais). Pero é que ademais no tema gráfico, escenarios e no
colorido me gusta máis o Sonic. Así rexogar a Green Hill Zone fíxome me
ver que este xogo leva moi ben o paso do tempo e que non perde
técnicamente moito a pesar de ter case 20 anos de antigüedade... e en
canto as melodías paréceme que aínda que si se nota algo o paso do
tempo, se comporta moi ben. Pero é que non é só esa zona, senón tamén
outras como a Marble Zone ou Scrap Brain Zone ou Labyrinth Zone.

En
canto ao sistema de xogo, se ben parece sinxelo (non nos enganemos o
Mario tamén o é) cun único botón de salto e coa posibilidade de manter a
vida sempre que teñas un anel o certo é que divirte. Intentar conservar
os aneis para conseguir entrar no bonus e así conseguir a esmeralda
pode ser complicado en certas
zonas, se ben nas primeiras zonas non é complexo... é máis da primeira
zona saín xa cun bó feixe de vidas que me permitiu sobrevivir o resto do
xogo sen complicacións (unhas 9-10 vidas na primeira Zona e dous
continues) ás que se engadiron varias vidas e continues na Marble Zone.
Despois a loitar para conseguir entrar no Bonus, xa que as burbuxas non
se conservan dunha fase a outra. E as fases da auga lembraronme que ao
principio lles tiña xenreira, pero despois como eran as únicas con Scrap
Brain Zone que supoñían un reto pasaron a ser as miñas favoritas. E si,
conseguín todas as esmeraldas e incluso as fases de bonus foron máis
sinxelas do que lembraba.

Digamos que me quedei cun bó sabor de
boca co Sonic The Hedhogh e comprendín porque foi todo un icono na súa
época e por qué me gustaba tanto. E se bó sabor me deixou o Sonic 1,
mellor me deixou o Sonic 2, que xa o lembraba como o mellor da saga de
Megadrive e me reafirmo na
actualidade despois de xogar aos tres.
Tecnicamente mellor, con
novos movementos, cun supersonic, cunha gran variedade de fases....
simplemente xenial. salvo no escudo que é moi feo en comparación coa primeira parte. Lembro que cando xogaba cos meus irmáns tails era
case unha comparsa, salvo para facer o traballo sucio cos xefes finais,
pero polo menos podíamos xogar dous (ademais do modo versus que ten)...
neste xogo hai mais loopings, máis velocidade e mais de todo. As fases
son variadas e se ben todas comparten o mesmo esquema de xogo, presentan
suficientes diferenzas entre elas para evitar caer na monotonía: dende a
Emeral Hill Zone (como a primeira do Sonic 1), pasando pola rauda
Chemical Plant Zone, ata a máis pausada e xenial Mistyc Cave Zone ou a
Sky Chase Zone. Pero é que ademais os Bonus son os mellores e máis
divertidos coas súas fases 3d. O novo movemento de Sonic se ben non
supón ningunha ventaxa especial en moitas ocasións, axuda a subir certas
costas e foi un acerto. Ademais
acentúase a dicotomía entre os diversos camiños posibeis, de tal xeito
que ir por arriba supón que tes que ir algo máis despacio e ter máis
habilidade, pero normalmente terás máis aneis que recoller, mentres que
ir por abaixo permite ir máis rápido pero con máis trampas... a decisión
que tomes ten importancia porque agora os puntos dan vidas e continues e
a puntuación depende dos aneis e do tempo, pero en todo caso a
cantidade de camiños permite rexogalo varias veces.

Quizais a
pega do xogo estea
que na primeira zona levas tal acumulación de vidas e esmeraldas
(acabei con cinco esmeraldas na primeira zona e cunha barbaridade de
vidas) que da para todo o xogo ao pouco que sexas algo hábil... e senón
en Casino Night Zone podes encherte a coller vidas. Tamén conseguín
todas as esmeraldas (aínda que tails molesta máis que axuda) e despois
con supersonic a tirar millas.... pero dinme conta que ata aquí
conseguiron que non fose un paseo: manexar a supersonic (aínda me lembro
de cando o descubrín por primeira vez) e algo complexo pois é moi
liviano e costa calcular os saltos o cal nalgunha fase como Wing Fortres
Zone é case unha desventaxa, co cal cando me fartei de perder vidas o
que fixen foi agardar a que o contador dos aneis volvera a 0 e ser Sonic
normal.
Aínda co Supersonic, é un xogo máis difícil (e máis sen
el) ca primeira parte e o xefe final é bastante máis difícil que o da
primeira parte, pero tamén se pode con
el se aprendes as
rutinas.
Por outra banda, en ningún dos xogos se permite gardar polo que a súa duración está moi condicionada por ese elemento, polo que poden ser algo curtos, en especial o primeiro. De todos xeitos, Sonic 2 ten un bó número de fases e polo xeral nas primeiras partidas terá unha duración aceptable (agora ben, tamén permite acabalo rápido se máis ou menos controlas as fases) e ten a opción de versus que é bastante divertida
se compites con alguén que saiba xogar, claro está. E despois está a existencia de varios camiños posibeis o que permitirá rexogalo varias veces.
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin
Flash instalado en el navegador.
Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin
Flash instalado en el navegador.
En resumo: quedei cun bó sabor de boca con estes dous primeiros sonic de Megadrive.De feito o Sonic 2 é un dos meus xogos favoritos da Megadrive e dentro dos xéneros de plataformas tamén está dentro dos mellores, e incluso en canto xogo o prefiro aos Marios (Supermario World ou Mario 3)... unha mágoa que non tivera máis fases.
PD: nalgún caso tiro de emulador... como podedes supoñer
2 Comentarios:
Precisamente hace unos
5 de Noviembre de 2010 • 02:39 — robotnik16Precisamente hace unos días eché un vistazo en Youtube a los vídeos que has puesto y tengo que decir que recordé lo tremendos que son los juegos del erizo, sobre todo el primero... Si comparamos toda la saga, el primer Sonic es claramente el "peor" de todos en relación a gráficos, fases, movimientos... etc pero para mí tiene algo especial que hace que brille por encima de los demás. Sin duda un prodigio técnico para la época. Y por cierto, y para los que lo comparan Sonic con Mario, es posible que los Sonic no sean tan completos como los juegos del fontanero (lo digo por nº de fases, los mapas, más personajes...etc) pero en términos de jugabilidad la cosa no está tan clara, si comparamos una fase de un Sonic con una de un Mario, para mi no hay color... Se entiende lo que quiero decir, ¿no?
Se entiende y además lo
5 de Noviembre de 2010 • 19:17 — prosomilo