10 de Febrero de 2012
Sep
2

Fangames para Homebrew de Wii

Categorías: , , , ,

O primeiro que se debe explicar para quen non o saiba é o significado de scene. Resumidamente pódese dicir que é a posibilidade de usar a videoconsola para algo máis do que o fabricante permite de inicio e polo tanto inclúese todas aquelas persoas e accións que se dedican a utilizar a videoconsola para fins non previstos ou prohibidos polo fabricante. O homebrew son as aplicacións caseiras (e non firmadas) que se van a utilizar na consola.

Partindo desta introducción, hai que dicir que non sempre está destinado para cargar as denominadas copias de seguridade (o lado escuro) nin a scene está prohibida como tal, nin é prexudicial para os fabricantes ou deseñadores de videoxogos.

Dentro das novas consolas destaca, portátiles aparte, a scene da Wii, grazas en gran parte ao traballo do Team Twiizers (que non apoian a piratería) co seu Homebrew Channel, que non deixa de ser unha canle máis na wii que permite cargar doadamente as aplicacións homebrew.

 

 

Na actualidade pódese usar na wii aplicacións tales como WiiMc, un excelente reproductor multimedia do cal debería aprender a mesma Nintendo e sacar unha canle oficial que permita o mesmo, Wiixplorer, un explorador de arquivos, emuladores varios ata a xeración dos 32 bits, compiladores de estatísticas de uso da wii e un longo etcétera.

Non trato aquí de explicar como se instala dita canle (en google é doado averiguar como), nin explicar as aplicacións existentes, senón falar dos xogos caseiros feitos por distintas persoas que se poden xogar de balde na Wii, algúns deles que rivalizan co proprio Wiiware en canto a calidade.

Dentro destes xogos hai unha gran cantidade e variedade de xogos, moitos son remakes ou clons de clásicos como o tetris, space invaders, pong, etc. Existen asemesmo algúns ports de xogos como Hexen, Doom ou Quake.

Dentro de todos eses xogos comentarei os meus favoritos, aínda que hai que ter en conta que vou excluír os ports e os clons de xogos básicos como os tetris e os de cartas, que aínda sendo divertidos tampouco creo que proceda explicar o funcionamento do tetris nin descubrirllo a ninguén.

 

10. Helium Boy:  é un xogo de plataformas en 3d baseado no Ballon Kid. Se ben está ben logrado ten a lacra de ter un só nivel, aínda que para os nenos pode ser divertido, xa que é bastante fácil. O seu creador ten outro xogo en desarrollo que pinta moi ben.

http://beril.se/wii/

9. Mad Quiz: típico xogo de preguntas e catro respostas posibles. Ten unhas 400 preguntas en español pero pódense engadir máis se están en iquiz.

http://wiibrew.org/wiki/MadQuiz

 

 

8. Space Bubble: consiste en destruír todas as bolas antes de acabe o tempo e para iso convén agrupalas por colores, xa que como mínimo necesitas dúas para poder destruilas. En cada fase se complica a cousa. Permite comparar os resultados online.

http://www.plaatsoft.nl/wiibrew/wii/spacebubble/

 

 

7. Jewel: xogo simple onde nun taboleiro de 8X8 hai distintas xemas (rubís, diamantes, etc) e pódese mover unha desas xemas para o seu contiguo e conseguir unir tres xemas iguais e elimanalas; o seu oco será cuberto por outros. O obxectivo é deixar o taboleiro dourado dentro dun tempo dado para poder pasar de nivel, ata un total de cinco. O wiimote usase de xeito horizontal como un mando clásico.

http://wiibrew.org/wiki/Jewel_Quest

 

 

6.-Super Mario War Wii: é un port por parte de Tantric de Super Mario War, que é un xogo caseiro de baseado en Mario e cun look practicamente igual ao Supermario World. Neste caso consiste en loitar contra ata catro personaxes (contralados pola máquina ou por outros compañeiros) cos personaxes de Supermario. Realmente non é un dos que máis xogue, pero recoñezo que é bastante completo.

http://wiibrew.org/wiki/Super_Mario_War_Wii

 

 

 

5-Scogger: neste xogo hai que conseguir, co mando horizontal, que unha rá poida completar todo o panel de pasos, pasando por todos e sen poder pisar por onde se pasou (posto que se afunden). A rá pode ir para adiante e para os lados sen límite de distancia de salto, pero non pode ir para atrás nin en diagonal. Para completar o xogo hai que facer, sen límite de tempo, dez niveis dun total de cen que aparecen aleatoriamente (a min a verdade é que se me repiten moitos). Xogo entretido e de pensar o que facer, que tamén está dispoñible para outras plataformas, incluido os móbiles con S60.

http://scognito.drunkencoders.com/projects/scogger.php

 

 

4-Red Square: as partidas son breves e consisten en co wiimote apuntando á pantalla mover un cadrado vermello para que non toque nin as esquinas nin outros catro bloques azuis que se moven cada con máis velocidade.... a partir dos 31 segundos xa é unha gran marca. As partidas son breves, pero pódese xogar a dobles e ver a mellores puntuacións a nivel mundial, se tes a wii conectada a internet. É un xogo adictivo polo breve que é e porque permite piques cos teus amigos. É probable que o xogaras por ordenador co rato (a min enviaranmo por mail) ou incluso no primeiro Rayman de Wii.

 

 

http://www.plaatsoft.nl/wiibrew/wii/redsquare/

 

3-RoboTank: o seu autor, Copete23, é o autor e a súa historia é que Warlior Setro está conquistando e destruíndo diversos mundos cos seus tanques creados en secreto, e ti es a última esperanza para poder salvar este mundo co teu tanque..... Trátase dun xogo que ben podería estar no Wiiware, se ben hai algún erros e ás veces a palanca de control non responde correctamente. O seu manexo aproveita o uso de wiimote con Nunchuk, de tal xeito que co wiimote se dispara apuntando á pantallas, e con nunchuk movemos o noso tanque e recargamos os disparos, que son limitados (aínda que hai items polo xogo adiante), existindo diversos tipos de armas. É un xogo de dificultade alta... bastante alta, tanto que aínda non fun capaz de acabalo: un truco para poder avanzar é facer círculos arredor dos tanques inimigos á vez que se dispara... pero non sempre é doado. Para quen teña curiosidade parece que son sete niveis e un xefe final. O bó é que permite grabar as partidas, ata un máximo de tres. Ten un gráficos logrados e un bó son. Recomendable e en español.

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

 

 http://creandomisvideojuegos.blogspot.com/2009/08/robo-tan k-wii-v068.html

2. The King of Fighters: the flame of encourage: é un xogo feito por EGS (que significa Esos Gilipollas Studio) Estudios Games baseándose no clásico de SNK The King of Fighter; é dicir se ben é unha copia do SNK o certo é que  non é un port, é un xogo feito por aficionados. Para quen non o saiba é un xogo de loita un contra un tipo street fighter. Permite xogar ata con nove loitadores e en varios escenarios, só en modo arcade ou contra outro xogador en modo versus, ademáis do modo práctica. O xogo está bastante ben logrado, tanto en velocidade, gráficos e son e permite o uso de wiimote ou mando clásico. Pouco máis hai que dicir salvo que o probes por ti mesmo e que o hai para varias plataformas.

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

 

1. Openbor: Beast of Rage: para min é o mellor xogo e xa veredes por qué. Brevemente hai que dicir que se trata dun xogo creado por fans do Street of Rage de Sega, Senile Team, que o crearon ante a previsible ausencia dunha cuarta parte do xogo. Admite wiimote ou mando clásico e o sistema de xogo é como o de Street of Rage: é u nxogo de avanzar lateralmente, aínda que podes moverte para arriba e baixo e con tres botóns: ataque, ataque especial (que che quita vida) e salto; ademais podes facer un ataque especial pulsando dúas veces cara adiante e ataque. Podes configurar perfectamente os botóns como queira.

 

A historia é sinxela: tres meses despois da súa fuxida, Mister Y volve a someter a cidade baixo a súa corrupción, pero tres persoas van a impedirllo. Polo tanto, no xogo hai tres personaxes a escoller: Max Bacon, o máis lento pero é o máis forte, Mandy Bluegard que é a máis equilibrada e Kula Gem, a máis rápida e débil que xa coñecía de The King of Fignters; moitos dos personaxes e inimigos se inspiran en personaxes de SNK e de Sega. En canto á dificultade está ben equilibrada, sen que sen ser doado (é difícil nas súas últimas fases) sexa un xogo imposible de completar como se tende a facer nos xogos caseiros; ademais permite gardar ás partidas e xogar con outro compañeiro (nas características dise que poden ser catro... non o comprobei pero pode ser noutros mods). Conta con seis escenarios que á súa vez contan normalmente con tres niveis, destacando a última fase, homenaxe á última fase do primeiro Street of Rage. Despois a nivel técnico raia a gran altura, con bos gráficos, sprites grandes e un son bastante bó. Este xogo na miña opinión sería un dos top ten do Wiiware.O video que deixo é a versión de PC pero non hai diferencia coa de wii.

Para ver este video es necesario tener JavaScript activado y el plugin Flash instalado en el navegador.

Ademais ao ser de código aberto o motor do xogo permite que haxa moitos mods coa mesma mecánica, dende remakes de Golden Axe, ata Dragon Ball, Hyper Final Fight, etc... unha gran cantidade, dentro dos cales hai varios de gran calidade (e algúns que non, para que mentir). De tal xeito que podemos ter unha gran cantidade de xogos deste tipo (beat´m up) con esta aplicación. Para obter ditas aplicacións deixo o enlace:

 

http://www.caskeys.com/arc/games/openbor/wiki/index.php?titl e=Category:Modules

 

Hai posibilidade de descargar esta aplicación para varias plataformas, incluido móbil. Deixovos o enlace aínda que para os Nokia tedes que googlear un pouco:

 

http://www.senileteam.com/bordownload.html

 

 

Pois eses son a lista dos que eu considero os máis interesantes xogos do Homebrew, xunto cos clons do Tetris e os ports de xogos tipo Hexen, Quake e Doom.

 

Para máis información recomendo ver a páxina de www.wiibrew.org
3
Valoración media: 3 (6 votos)

9 Comentarios:

Gran entrada, que bueno que

Gran entrada, que bueno que hay sceners en Gamefilia.

EL Super Mario War ya lo habia visto en Scenebeta pero no me intereso mucho. El resto son nuevos para mi.

Saludos!

Deberías escribir tus

Deberías escribir tus entradas en castellano ya que así limitas el número de personas que visitan tu blog. Personalmente no he entendido nada así que cuando mejores esto podré leer gustosamente tus entradas.

 Saludos! 

Si estuvieras delante mía

Si estuvieras delante mía no dudaría en escupirte a la cara, odio la gente que sabiendo perfectamente castellano comete la enorme falta de educación que es hablar en otras "lenguas", incomodando el entendimiento a los demás. De acuerdo que es tu blog, igual de cierto es que todo gamefilia es de habla castellana y dado que debes de conocer el castellano (Articulo 3 de la Constitución: el castellano es el idioma oficial del estado, todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho de usarla ;)  ) me parece una tremenda gilipollez no escribir en el idioma común.

 

Si cambias tendrás un nuevo lector, si no que te den ;) 

Don Caballín, no se me

Don Caballín, no se me entienda mal, pero prefiero hacer el blog en gallego, ya que tampoco es que vaya a ser este u nblog de referencia. No obstante, puse una explicación de como traducirlo al gallego y en un lateral tienes el enlace directo. De todas formas como los traductores automáticos son como son, si tienes especial interés en alguna entrada coméntalo y te lo puedo traducir (en un tiempo prudencial...jeje). Por lo demás el Blog seguirá en gallego.

Respecto al otro tipo, pues ya tardaba en venir el primer comentario ofensivo.

PD: en las normas de gamefilia no vi nada respecto al idioma y creo que el hecho de que pueda haberlos en otras lenguas lo puede enriquecer.

Yo porque soy de Pontevedra

Yo porque soy de Pontevedra y entiendo todo pero... como dicen por ahí arriba si pretendes mostrar un blog a nivel prácticamente internacional, pues sería normal que lo pusieses en castellano. Imagínate que alguien abre un blog y lo escribe en catalán, por mucho que te diga como traducirlo muy pocos se tomarán la molestia de hacerlo.

Kiovich, la verdad, que

Kiovich, la verdad, que sepas que con tu comentario me has decepcionado y mucho...

Prosomilo... ya te dije que esto pasaría, aunque este es tu blog y decides tú si lo haces en un idioma o en otro

Pirita... no sabía que éramos tantos gallegos... y todos de pontevedra  LMAO

No jodas... no sabía que

No jodas... no sabía que había gallegos por aquí, LMAO

Pues sí, yo conozco a 5

Pues sí, yo conozco a 5 contandome a mí y a tí xD

????????????????????

????????????????????????/ 5 estrellas por las fotos