Videoxogos: en galego
MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven


Xa levo rexogados estes Sonic e agora vou polos de Master System... e atopei diferenzas coas de Megadrive, tanto en concepto como en física do xogo.
O Sonic 1 de Master System o lembraba como un gran xogo e creo que o segue sendo, pero atopeille máis defectos dos que agardaba. É un Sonic distinto ao de Megadrive, non impera tanto a velocidade e os camiños a escoller... é máis pausado e ata máis variado nos tipos de fases, deixándome moi bó sabor de boca esa fervenza na que hai que subir e subir.

Aladdin, ademais dunha gran película de Disney, deu lugar a varios xogos de bastante interese. E digo varios xogos, porque polo menos eu xoguei a tres e os tres distintos entre si: megadrive, supernes e master system... sei que para Nes e para gameboy tamén saíron pero eu nunca os xoguei.
Hai que lembrar que na época das 16 bits os xogos de Disney (ou baseados en Disney) eran sinónimos de grande calidade (agora tamén os hai, dende o Kingdom Hearts ata o novo Epic Mickie)... e para min un dos mellores expoñentes é Aladdin, en especial a versión de Megadrive. Hai que indicar que a versión de Megadrive foi realizada por Virgin, a cargo de Dave Perry, e a de Supernes correu a cargo de Capcom. A razón de porqué dous estudos fixeron xogos sobre a mesma licenza débese a un tema xurídico-económico: resumindo Capcom contaba cos dereiros de Disney ata 1992, data da película, e ocurriu que fixo o xogo, pero como lle expirou a licenza Disney tamén lla vendeu a Virgin que fixo o seu xogo para a Megadrive.
APARTADO TÉCNICO

Avanzando vou cos Sonic, aínda que nas dúas últimas semanas ben pouco avancei, pero si o suficiente para rematar de novo o Sonic 3 e o Sonic & Knucles... aínda que ditos xogos se poden xogar por separado, realmente forman un conxunto polo que o fixen unido... para poder xogar con Knucles dende o inicio.
En canto á mecánica dos xogos seguen cunha evolución que considero boa dende o primeiro Sonic, pero non obstante o desenrolo da mecánica en certas fases e os bonus fan que para min sexa máis interesante o Sonic 2 a calquera dos Sonic dos que estou falando.
Hai xogos que non contan con ningunha publicidade e que pasa desapercibido para moita xente, incluso para a propria prensa especializada, pero que resultan ser pequenas obras de arte. A primeira vez que me ocurriu foi cun xogo para a Megadrive chamado Mega-lo-manía, aínda que saíu para varias plataformas, orixinariamente para Amiga.
O xogo é de Sensible Software e é de 1991 pero para a Megadrive, que é versión á que xoguei, saíu un ano despois, distribuido por Virgin. Nas miñas mans caeu alá por 1994 cando mo deixara un amigo e cando o vin dixen: pero que carallo e isto (e perdón pola expresión). A súa portada era horríbel e nin sequera as imaxes da contraportada animaban moito.
Cando o puxen e vin as primeiras imaxes tampouco mellorou a miña expresión: que introdución máis fea e que catro persoaxes para seleccionar. Pero xogueino e despois de comprender e asimilar a mecánica do xogo descubrín que era un moi bó xogo.

Acaba de saír o Sonic 4 recuperando o sistema clásico da xogabilidade da mascota (tan maltratada) de Sega. Aínda non o probei pero non tardarei en facelo. Non obstante, como teño así un ataque de frikismo (lembrade que en son un dos que comezou polas consolas de Sega) decidín que antes de xogar ao Sonic 4 comezarei a xogar a saga enteira dos Sonic en 2D (os 3d non me tiran moito.. en especial o 3d blast que sempre me pareceu horríbel) de novo, xa que hai varios anos que non os xogo.
Pero non me limitarei só aos xogo de Megadrive, senón que tamén xogarei aos de Master System e Gamegear (que son varios) así como ao de MegaCD.
Así cando chegue ao Sonic 4 pode pasar algunha das seguinte opcións:
-Xa estarei farto de xogar aos Sonics polo que pagar 15 euros máis pódeme tocar moito a moral e nin o intente.
-Aínda que farto deles intente xogar ao Sonic 4 só por orgullo e diga punto final.
-Que siga enganchado aos Sonic e que incluso me faga algúns Sonic feitos por fans (hai un de Sonic Fan Remix que probei que me parece espectacular)

MSX, NES, SNES, MD, PSX, GBA, PS2 e Wii: xogos cos que me entretiven
ALEX KIDD IN THE ENCHANTED CASTLE
AYRTON SENNA'S SUPER MONACO GP II
CASTLEVANIA: THE NEW GENERATION
DRAGON BALL Z L’APPEL DU DESTIN
INTERNATIONAL SUPERSTAR SOCCER DELUXE
LETHAL ENFORCERS II: GUN FIGHTERS
SHINOBI III: RETURN OF THE NINJA MASTER
SUPER STREET FIGHTER II: THE NEW CHALLENGERS
THE ADVENTURES OF BATMAN & ROBIN
